Carmen Rosende en concerto en Vigo
O venres 26 de setembro Carmen Rosende dará un concerto de soul en Sala Supersónic
Carmen é unha artista que leva o soul a outra dimensión.
Entre as cancións que a cantante leva totalmente ao seu terreo e bo ritmo están temas coñecidos de Stevie Wonder, The Temptations ou Marvin Gaye, o mellor dos 70 fusionado con Vigo contemporáneo.
Cada versión que ela fai é unha arte chea de sutileza e improvisacións do directo. A voz ademais de Carmen é potente, poderosa e moi versátil. Esta viguesa que conta cunha gran traxectoria no mundo do jazz e o soul, presenta unha proposta chea de fusión e harmonía.
A formación de voz, Fender Rhodes e batería dan a esta experiencia un son distinto cargado de matices e moita emoción.
Se che gusta o soul, non te perdas esta oportunidade en directo

