A Carballeira de Zas, unha das principais citas do folk a nivel nacional.
Todos os anos, o primeiro sábado de Agosto, a primeiras horas da tarde, nos prados situados na marxe do río, móstrase a cultura galega tal e como era en décadas atrás (grupos de baile, pandereteiras, e gaitas) acompañada doutros grupos tradicionais, sexan ou non galegos. Ao redor das dez da noite empeza a parte de folk actual, na parte esquerda do río, onde está a carballeira, que fai de auditorio natural en semellante evento.
Desde o inicio, xa se poden degustar neste evento as especialidades gastronómicas: polbo, pementos de Padrón, churrasco, patacas etc.., (foron variando o longo destes anos), tamén se pode beber viño embotellado para tal fin, comprar unha camiseta conmemorativa do festexo e entre moitas outras actividades, bailar ao son da mellor música.


Carballeira de Zas 2025. Cartel e artistas
Venres 8
Comezamos con Catuxa Salom

Folclore galego con bases electónicas e fusión de ritmos indíxenas arxentinos. A artista que percorre centos de salas de concertos e festivais por toda España, compartindo escena con artistas como El Kanka ou Rozalén.
O seu directo ofrece una experiencia sonora e visual envolvente, xuntándose con un vestiario vangardista por Ana Surma, escenas diseñadas por Javier Marimón e como acompañamento en sintetizadores e contrabaixo, as artistas Lucía Cortiás e Yudit Almeida.
Cabe destacar o seu EP Nunha Aldea, sobre o achegamento ao mundo rural, o Premio Martin Códax recibido no 2024 na categoría: Músicas do Mundo e Mestizaxe e o seu primeiro LP, Cāldo, publicado no 2024 e definido coma un álbum “feito para facerbailar”
As Tanxugueiras

Alda, Sabela e Olaia están desafiando e cambiando o paradigma musical. A súa adaptación da música galega con sons máis actuais pero mantendo a tradición xa é coñecida en toda España.
O grupo galego abriu as portas do resto de idiomas oficiais do estado no ámbito musical, colleitándoo éxitos , visibilidade e grandes recoñecementos por todo o territorio nacional.
Tras un 2024 no que conquistaron grandes recintos, incluído una xira por Francia, Tanxugueiras seguen agrandando o seu legado.
O seu novo directo dentro da xira AntesD, conta cun carácter máis dinámico e potente. Neste 2025 as artistas pecharán a súa xira pola península, sendo a Carballeira un dos lugares escollidos.
Agaraphobia

Agaraphobia conta con dous singles que están a redefinir as regras do xogo: Eyes Never Lie e Fuck You Tony. Os directos das 5 artistas que forman o grupo, son descritos como frescos, enérxicos e moi vibrantes. A banda está integrada por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo).
O grupo conta con xiras por toda Europa e participación en festivais de renome coma Resurection Fest e o Mad Cool. A súa música conecta con diferentes tipos de público desde os amantes do punk ou garage ata os que buscan a autenticidade musical.
Sábado 9
Uxía Lambona para os pequenos e no tan pequenos da casa.

Esta banda de música infantil recolle todos os clásicos máis populares galegos e dálles un toque particular. Dende o Jato “rockeiro” e a Carolina Rapeada, pasando por outros moitos temas tradicionais que todos coñecemos. Un concerto no que haberá xogos, bailes, coreografías e moitas sorpresas.
A banda da loba

ABDL é una banda formada por 5 mulleres con música moi diversa, fusións e reivindicativa. A banda regresa con forza aos escenarios cun novo traballo: Lovismo.
Neste traballo falarannos de diferentes tipos de amor a través de música disco, popou e bachata, coa fusión do seu estilo e inspiracións literarias reivindicativas que sempre están nas súas cancións.
A banda está integrada por Marcela Porto (percusión), Andrea Porto (baixo), Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín) e Iria Cabo (guitarra)quen chegou na substitución de Inés Mirás.
Carmela

Carmela é un proxecto baseado na música tradicional oral galega. Os elementos definitorios son canto e percusión con referencias electrónicas. Un traballo diferente no seu discurso tanto musical como extramusical e que centrase en falarnos da tradición e da perspectiva de xénero.
O traballo iniciouse dende arquivos musicais e informantes e trasladaouse aos palcos. Un achegamento a investigación etnomusicolóxica coas súas interpretación e arranxos musicais.
Domingo 10
Caamaño Ameixeiras

A banda está formada por Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño e percorreu países coma Francia, Bélxica, Portugal, Italia, Austria, República Checa ou Eslovaquia.
As súas canción acumulan centos de miles de escoitas en plataformas dixitais como Spotify e os deus discos levan miles de copias vendidas. Cabe ademais destacar a súa colaboración con Rodrigo Cuevas.
As postas en escena de Caamaño&Ameixeiras son descritas como atrevidas, coidadas e moi impactantes, deixando sen palabras aos espectadores.
Mercedes Peón

No ano 2000 Mercedes graba o seu primeiro traballo: Isué, una obra contemporánea, explosiva e moi festiva.
A formación desta artista ven da súa inmersión en aldeas galegas durante 25 anos, desde os seus 13 anos de idade, onde escoitou cantar as mulleres da creación colectiva musical da Costa da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar de ribeirana son o detonante para asombrarse da inmensa beleza dos bailes, cancións, vivencias e contos dos habitantes das aldeas galegas.
Unha recopilación de campo e aprendizaxe que transmitirá nas escolas municipais, en Universidades de la Sorbona, Pais de Gales e Oporto e tamén na Televisión de Galicia.
SES

SÉS é María Xosé Silvar, unha das voces máis representativas do panorama galego musical.
SÉS empezou no 2011 e conta cun estilo propio, froito da mistura de diversos estilos musicais; rock, folk, blues coa música tradicional. As súas letras cheas de compromiso social, reivindicacións, feminismo e tamén amor, convertérona nunha referencia dentro en fora de Galicia.
A artista leva oito discos de estudio que foron expostos en diferentes palcos galegos e tamén en escenarios de Alemania, Inglaterra, Uruguai, O Salvador,Paraguai, Arxentina e México.
A súa forza e capacidade de conectar coa xente levárona a ser coñecida tanto polo público como pola crítica.
Señora DJ

Raquel Rodríguez é sinónimo de baile e diversidade. Dende o seu primeiro set no Festivala do 2016, participou no Atlantic Fest, Festival de la Luz, Vive Nigrán, PortAmérica e salas como Karma, Sonar ou Kominski en Vigo.
No 2024 deu o salto fora de Galicia coa súa actuación en 4 latas de Madrid e no 2025 en sala Ocho y Medio. A súa mistura de tcheno, pop, urbano ou disco con petardeo fino converten cada sesión nunha festa inolvidable.
Nas súas sesión nunca faltan divas nacionais e internacionais como Rosalía, Brittney, Zahara, Rihanna ou Mónica Naranjo. Ademais de visibilizar as mulleres compositoras, Raquel aposta por discursos feministas, pro-LGTBQ+, sen esquecer a música galega.