Compra tus entradas para asistir a “NUBE NUBE SOL” de Teatro O Cubo en Outes, en Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Las mejores entradas desde 5.7 euros las puedes encontrar en Ticketrona.
Precio: desde 5.7 euros más gastos de gestión.
CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE DA OBRA
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro O Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.
Organiza: Concello de Outes
O BUSCA OTROS EVENTOS EN NUESTRA WEB
Síguenos 😉 Facebook / Instagram
En Ticketrona descubre y busca las experiencias que te apasionan
Ticketrona es una plataforma de eventos que te ofrece todo tipo de experiencias de ocio y cultura.