Compra tus entradas para asistir a El perro del hortelano, de Lope de Vega coa compañía teatral Noite Bohemia en Santa Comba, en Auditorio Edificio Multiusos. Las mejores entradas desde 1.953 euros las puedes encontrar en Ticketrona.
Precio: desde 1.953 euros más gastos de gestión.
Os nosos amigos de Noite Bohemia, a premiada e queridísima compañía galega que fai do teatro clásico unha arte, volven pisar o escenario do Multiusos para traernos unha das obras máis divertidas e entretidas do teatro español.
O gran Lope de Vega escribiu esta comedia fresca e divertida, na que todo o elenco de personaxes defende a súa felicidade superando prexuízos e presións sociais. É unha excelente mostra do mellor teatro clásico, como demostra o favor do público do que desde sempre gozou.
Esta comedia de enredo xira arredor do amor, os celos e a honra e preséntanos a loita interior que vive a Condesa Diana entre o amor que sente cara ao seu secretario Teodoro e os convencionalismos sociais que lle impiden contraer matrimonio con el. Pero Diana tampouco consente que Teodoro, persoa que pertence a unha clase social inferior, case coa súa namorada, a criada Marcela. Nin comer nin deixar comer!
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Organiza: Concello de Santa Comba
O BUSCA OTROS EVENTOS EN NUESTRA WEB
Síguenos 😉 Facebook / Instagram
En Ticketrona descubre y busca las experiencias que te apasionan
Ticketrona es una plataforma de eventos que te ofrece todo tipo de experiencias de ocio y cultura.