TEATRO
Compañía: DeuVe
Espectáculo: 3240
Xénero: teatro contemporáneo
Autoría: Deborah Vukusic
Dirección: Cristina Moreira
Escenografía: José R. Bas
Deseño de son e música: Jesús Andrés Tejada
Deseño de iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Jandro Villa
Coreografía: Marta Alonso Tejada
Intérprete: Deborah Vukusic (coa colaboración especial de Antea Rodríguez, Cecilia Vázquez, Marielvy Martínez, Hummy Donado, Monti Castiñeiras e Tito Asorey (“Nick Cave”)
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 70 minutos
Prezo: 8 €
3240 podería ser o título dunha película de Wong Kar-Wai, a matrícula dun coche ou o contrasinal dunha caixa forte, por exemplo, pero en realidade é o prezo do amor. O amor por un mito.
Que pasaría se a persoa á que sempre admiraches se puxese en contacto contigo? Que farías por coñecela? Canto custa un litro de endorfinas?
No ano 2020 os delitos informáticos aumentaron o 70%, o equivalente aos cometidos nos 5 anos anteriores e esta é unha historia baseada en feitos reais sobre as relacións nas redes, a mitomanía, as obsesións e as estafas.
Un relato gótico e romántico para falar da tecnoloxía e a soidade, do catfishing, o doxing e todos INGs Direct aos que a protagonista lle debe cartos por culpa do amor. Axudaraa esta peza a recuperarse? Axúdala ti?