Venta entradas Galicia

color_logo_white_transparente

Busca aquello que te apasiona

OS TRES PORQUIÑOS en Vigo el 13 de Febrero

Compra tus entrada para OS TRES PORQUIÑOS en Vigo el 13 de febrero a las 11:00, 12:30 y 18:00 horas.

Entradas desde 5.00 

Descripción

Compra tus entradas para OS TRES PORQUIÑOS en Vigo el 13 de Febrero en el Auditorio Municipal del Concello de Vigo 

FAMILIAR-TEATRO
Compañía: Migallas Teatro
Espectáculo: OS TRES PORQUIÑOS
Xénero: teatro para bebés
Autoría: Bea Campos a partir do conto tradicional
Dirección e adaptación: Bea Campos
Escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: J.M.Sagüillo
Vestiario: La Böcöque
Música: tradicional e Migallas Teatro
Elenco artístico: Bea Campos e Manuel Pombal
Idioma: galego
Idade recomendada: + 6 meses
Duración: 30 minutos
Prezo: 5 € (unha persoa adulta e un bebé). Resto do público poderá sentar de balde no patio de butacas con visibilidade reducida ata completar capacidade.
é un espectáculo teatral para a cativada con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención das nenas e nenos nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.
Normas de organización e acceso ao recinto:
1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.
3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.
4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.
5. TODO o público  pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.
6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.
7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.
8. Ao entrar no recinto, o público, consonte á lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.
9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita da organización; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e a lexislación vixente que corresponda.