Descripción
Leticia Rey en A Coruña el 5 de junio de 2022 a las 21:00 horas.
Leticia Rey en A Coruña
Compra entradas para ver en directo a Leticia Rey en Sala Garufa Club de A Coruña el 5 de junio de 2022 a las 21:00 h.
La actuación de Leticia Rey llegará el día 5 de junio de 2022 a las 21:00 h en la Sala Garufa Club.
Las entradas de 10,32 € puedes encontrarlas en www.entradas.ticketrona.com
Un tarde noite de domingo para celebrar a estrea mundial do primeiro disco da artista galega Leticia Rey coa súa banda ao completo.
Pronto será desvelado o título do disco que foi rexistrado en directo.
Tras gañar o Premio Estudios Mans en 2020 para novos talentos musicais galegos e lanzar o single Trough The Wind, as pezas da súa
carreira musical comezaron a encaixar.
En 2021 edita o Ep «Leticia Rey» fruto do citado premio, un disco do que xa apenas quedan copias.
Tamén decide mudarse a vivir ao entorno da Coruña, para traballar coa banda que monta en torno ao seu proxecto.
Cancións que fluctuan entre o jazz e o folk, unha voz que emociona e sorprende, unha mística que envolve os seus directos cando explica a viaxe que se inicia e que finaliza ao longo das diversas luces que nos ofrece cada día.
Leticia comezou a súa formación musical con 12 anos, ainda que dende nena xa había algo moi potente no seu interior que a chamaba cara a
composición e a interpretación.
A emoción permanente é o seu estado actual ante as oportunidades que está a vivir grazas as suas cancións, como
a presentación dentro do ciclo «Matinais Musicais» na Cidade da Cultura.
A banda completa é todo un luxo:
Leticia Rey – voz e guitarra
Iago Mouriño – teclados
Jorge Quesada – Baixo e guitarra
Óscar Quintáns – Batería.
O concerto servirá tamén para a presentación dun novo selo discográfico galego.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.