Sala de Teatro Ártika en Vigo

Sala de Teatro Ártika en Vigo

Sala de Teatro Ártika en Vigo

Avda Beiramar nº 113.

36208 Vigo

Ártika - Sala de Teatro en Vigo

Ártika abrimos as nosas portas en 2014 co obxectivo de achegar aos amantes da arte unha nova visión do teatro e danza.

Situados na cidade de Vigo, incorporamos á nosa actividade principal cursos en constante actualización, cos cales nenos, mozos e adultos poidan achegarse ao mundo teatral e iniciar a súa formación.

Ademais dunha sala cómoda e acondicionada para o máximo confort dos asistentes, dispoñemos doutros servizos coma cantina, que funciona durante a semana en horario das clases e durante a fin de semana no horario dos espectáculos.

Tamén contamos con camerinos, aseos e un ambigú con escenario para concertos e espectáculos de pequenas dimensións. As nosas instalacións están adaptadas para facilitar o acceso a cadeiras de rodas.

Ártika - Sala de Teatro en Vigo

A Sala Ártika é un espazo que nace no ano 2014 na cidade de Vigo polo amor ás artes escénicas cuxo principal obxectivo é o de achegar o teatro a todos os habitantes tanto de Vigo como de Galicia.

Ao longo destes 6 anos de traballo continuado, a Sala Ártika, é considerada como un punto de referencia cultural en todos os ámbitos territoriais: local, autonómico e nacional.

Á hora de establecer os nosos obxectivos como empresa cultural, partimos dunha idea máis grande, que é ser un proxecto integral onde se traballe todos os aspectos vinculados ás artes escénicas como poden ser: a exhibición de espectáculos, a creación escénica de todo tipo de propostas, a formación de futuros profesionais e espectadores, a produción de espectáculos de compañías de ámbito nacional e internacional ou a educación en valores a través de nosa ampla campaña escolar.

Sala Artika en Vigo.

EVENTOS EN VIGO