Todos los eventos que te interesan en un único portal ... síguenos también en redes sociales!!

Eurovisión o Fake show.

Eurovisión o Fake show.

Eurovisión o fake show

Bucanero Teatro

Sabela Hermida, Pedro Picos y Xosé Bonome, un trío de ases de la comedia vuelven a trabajar juntos al servicio de la comedia.

Pudimos verlos en acción con “Sesión Continua”, otro texto paródico que ponía en solfa al mundo del cine, ahora vuelven a hacer lo propio con uno de los festivales internacionales con más adeptos del continente, o carrefour.

Una apuesta segura, diversión 100% Bucanero y Lino Braxe.

 

O derradeiro texto de Lino Braxe para…

Bucanero Teatro

Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome

Eurovisión o Fake show.

O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións… As tripas da televisión, os tópicos patrios mais absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin.

Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país pero si europea) como anfitriona.
¿Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? ¿Participaría Galicia cunha canción? ¿Converteríase polo tanto en país? ¿Estamos preparados para o grande show?
¿Onde reside a alma da patria? Algunhas preguntas e risa asegurada.

Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan…

Estrea Post mortem

Eurovisión (O fake show) é un texto onde o autor, Lino Braxe, da renda solta ao seu máis persoal sentido do humor. Baseándose en algo tan coñecido como é o festival de Eurovisión, Braxe, desmonta todos os tópicos do festival, para trans- formalo nun novo, sen nengún tipo de fronteiras.

Dende Austria a Estados Unidos, dende Francia a China, e xa disposto a romper fronteiras, por qué non sorprendernos mesmo con personaxes doutras galáxias?

Esta nova orientación que Braxe lle da ao festival de Eurovisión, non podía ter mellor localización para o desenrolo do mesmo que un novo paraninfo construido especialmente para a ocasión na nosa terra, Galiza. E xa postos, Galiza tamén deberá participar no festival coa súa propia canción.

Os diálogos, as letras das cancións e a música queLino ideou para este espectáculo, fan enorme-
mente atractivo, desde o punto de vista teatral, a obra e os personaxes creados por Braxe.

Lino Braxe pinta un mundo sen fronteiras, onde tamén o autor deixa ver a súa parte de crítica social, nun texto imprescindible para coñecer a parte máis íntima e persoal do seu autor.

Cun sentido do humor máis delirante que nunca, Braxe escribe este derradeiro texto para os actores e a actriz que, se cadra, máis traballaron nestes últimos anos con el, tanto nos proxectos de Teatro Proscrito, Bucanero, Manarte e mesmo a Fundación Luís Seoane.

Un texto pensado polo seu autor, Lino Braxe, para as compañías coas que traballou durante tantos anos, como son Bucanero e Manarte, no que se mestura o humor coa música, dúas das paixóns do propio Braxe.

EUROVISION o fake show

LINO BRAXE

Lino Braxe comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane.
Actuou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Mal- barate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista
Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultu- ral Alexandre Bóveda e diversas compañías de teatro tanto amador coma profesio- nais coma Bucanero, Manarte ou Teatro Proscrito.
Tamén foi locutor de RNE durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a
radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.

 

REBECA MONTERO

Rebeca Montero suma 36 anos de traxectoria con traballos tanto no teatro como en
produccións audiovisuais para cine e televisión. No ámbito teatral traballou no CDG
ademáis de en diferentes compañías privadas e no Centro Dramático Nacional.
Recibiu dous premios María Casares a mellor actriz secundaria.

PEDRO PICOS

Fundador e membro da compañía Bucanero
Televisión:
“Matalobos”, “Serramoura”, “Luar”.
Cine:
“El cuarto de Mona”.
Teatro:
“Jansel e Ponsel”, “3 Notas”, “Sé normal, vota substancia bucanera”, “Sesión continua”,
“Por un millón de dólares”, “A delgada línea boba”, “Kungfundidos”,”Perfectos imbéciles”, “Os amos do mundo”, “Putos”, etc.

XOSÉ BONOME

Fundador e membro da compañía Bucanero. Traballou nas compañias Ollomoltranvía, Caroza Teatro S.L, Rara Avis teatro S.L, Ancora Produccións S.L.
Televisión:
“Padre Casares” “Terras de Miranda”, “Luar”, “Rias baixas”, “Pepe o inglés”, etc.
Cine:
“O partido”, “Déjate caer”, “Los muertos van deprisa”, “Doentes”, “El tiempo de Plácido
Meana”, “Dor”, “El cuarto de Mona”.

SABELA HERMIDA

Bailarina e coreógrafa profesional.
Televisión:
“Efectos secundarios”, “Libro de familia”, “Malo será”, “Casa Manola” “Do Dereito e do Revés”, etc.
Cine:
“Camarón”, “El cuarto de Mona”
Teatro:
“Manar. A derradeira caravana”, “Entelequias”, “Política sentimental. El encuentro
necesario entre María Casares y Albert Camus”, Sesión continua”, “Putos”, …

MERCAR ENTRADAS