Todos los eventos que te interesan en un único portal ... síguenos también en redes sociales!!

A Rapa das Bestas 2022

A Rapa das Bestas
No sur do Concello da Estrada atópase a parroquia de Sabucedo, cunha extensión de 5.9 km².  Sabucedo non supera os 60 habitantes, pero conta cunha das manifestacións de identidade, autenticidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A Rapa das Bestas en Sabucedo.

A Rapa das Bestas 2022. Como comeza o evento?

A Rapa das Bestas comeza rememorando os vínculos ancestrais que ten o cabalo co divino.  Nesta celebración, realízase unha misa “misa da alborada” na que pídese a protección a San Lourenzo para as persoas e animais que participan nesta festa.

Xusto a continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo os animais.

Finalmente o sábado condúcense os cabalos a un gran cerco na aldea de Sabucedo. Neste momento, comeza a parte máis recoñecida desta celebración, onde os  aloitadores e cabalos enfróntanse corpo a corpo e onde se terminan cortando as crines a cada cabalo.

A fama desta festa de Sabucedo, unha tradición ancestral cun forte compoñente ritual, recibiu a atención de antropólogos e estudosos de todo o mundo.

Mozos e mozas desta parroquia inícianse cada ano nunha tradición que pasa de pais a fillos, levada no sangue e coa que moitos crecen, gardan paixón e devoción.

Desde nenos, os habitantes de  Sabucedo aprenden a colaboración e acción dos tres  aloitadores, unha colaboración que marca profundamente a rapidez, axilidade e bo traballo da actividade.

A lenda.

A Rapa das Bestas 2022 Os habitantes de Sabucedo manteñen a historia de que a orixe desta festa aparece cunha gran peste que  fixo estragos na  comarca.

A historia fala de dúas irmás que ofreceron a San Lourenzo,  patrón da parroquia de  Sabocedo, dúas eguas da súa propiedade se as defendía do contaxio.

As irmás que se refuxiaron nunha cabana, ao terminar a peste cumpriron a súa promesa e ofreceron ao párroco as súas dúas eguas que co tempo, multiplicáronse polos montes da zona.

A tradición ademais dunha lenda propia, aparece rexistrada en Petróglifos da zona, onde se poden observar cabalos e xinetes tratando de dominar aos animais, polo que a historia desta tradición conta cunha traxectoria histórica moi interesante.

 

Falemos agora da verbena.

Como toda festa galega , A Rapa das Bestas conta con noites onde as orquestras e grupos de música non faltan, o campo da festa atópase cheo de bares, polbeiras nos que pódese pedir un bo ribeiro, saborear un licor café ou aquilo que che pida o corpo, mentres bailas ou gozas da música nunha noite de verán galega e chea de historia.

HORARIOS:

  • Sábado 2 de xullo: Curro ás 19:00 h. Apertura de portas ás 17.30 h
  • Domingo 3 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h
  • Luns 4 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h

 

LIGAZÓN SEGURA DE VENDA DE ENTRADAS