
A LÚA VAI ENCUBERTA
De Manuel María
Dirección
Tito Asorey
Dramaturgia
Vanesa Sotelo
Elenco
Davide González
Melania Cruz
Tito Asorey

Escenografía y vestuario
Carlos Alonso

Iluminación y proyecciones
Laura Iturralde

Espacio sonoro y música original
Davide González
Confección de vestuario
Mila Abal
Cartelería, vídeo e imagen gráfica
Lucía R. Regueiro
Unidad Didáctica
Melania Cruz
Asistencia de escenografía
Dani Rodríguez
Asistencia de iluminación y proyecciones
Denise Freire

Producción
Incendiaria + A Quinta do Cuadrante
Así lo ha visto la crítica. Ollo crítico.
Pode o teatro desarmar un país soñado por militares?”, pregunta o elenco.
“Se cadra, si; se cadra o teatro ten a obriga moral de explicar por que hai un país en venda onde antes había unha promesa de futuro. Se cadra é preciso que alguén explique por que sabemos o que significa Atocha e non o que significa Ferrol.
Se cadra debe explorar esa difusa fronteira onde acaba o mito da Galiza resignada e conservadora e toma alento a lembranza de Amador Rei, de Daniel Niebla, de Moncho Reboiras.
A lúa vai encuberta, a obra de Manuel María, fala de represión e de resistencia, de colonización e de emancipación, de fascistas que se transformaron en demócratas e de demócratas que alguén transformou en terroristas.
A lúa vai encuberta, a montaxe de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, fala do silencio que o ocultou todo. Do pacto de esquecemento que propiciou que os protagonistas da nosa historia contemporánea sexan os eucaliptos, a minaría salvaxe, o espolio eólico, a mocidade condenada á emigración”.
O xogo da Lúa
“A obra xoga coas ferramentas da farsa, porque nada máis semellante a unha farsa que o chotis bailado polos valedores do bilingüísmo harmónico e os defensores dunha autonomía aprobada con máis de dous terzos de abstención; nada máis próximo ao sainete que a volta triunfal de Castelao da man dos seus executores. A montaxe detalla as cifras e sinala os datos: explica como transiximos ante o engano desde o punto de vista dos enganados, desde a mirada perplexa dos que volven ao lugar do crime e descobren que son as vítimas.
“Tal vez a memoria non se relacione tanto con lembrar como con descubrir”, propón. Por iso chanta os seus esteos na memoria sen ceder ante a nostalxia: “a vida é unha operación cara adiante e non cabe concesión ningunha ao desalento”, proclama.
E nesa declaración de intencións atopa o terreo para a denuncia, para responder á pregunta esencial: e agora que facemos con tanto silencio? O diálogo entre Manuel María e as dúas compañías que poñen en pé á súa obra é un reencontro necesario, unha recuperación do tronco común que une o teatro de intervención da década de 1970 e o teatro documento dos nosos días, nunha alquimia que converte o contemporáneo en clásico, o circunstancial en intemporal”.
As conversas da Lúa
“É unha conversa que reúne as manifestantes das Encrobas e as de Nunca Máis, as de Baldaio e as do Non á Guerra, as de Xove e as da Guerra do Vento. Talvez sempre estiveron no mesmo bando, mais o pacto de silencio da exemplar transición non lles permitiu recoñecerse até o de agora. Talvez o teatro tamén serve para iso: para que o patio de butacas se recoñeza como comunidade, como Nación”.
4 razones de peso por las que ver “A lúa vai encuberta”
Sobre el escenario, 4 pesos pesados de la escena: Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Davide González y Tito Asorey.
Sobran los elogios, las críticas inmejorables o repasar su trayectoria porque estos cuatro fenómenos de la naturaleza son un valor seguro siempre que se suben a un escenario o pisan un set de rodaje, es por ello que no vamos a seguir aburriendote con información que no necesitas.
Solo necesitas experimentar el orgasmo emocional que te van a regalar cuando vayas a disfrutar de su trabajo en cualquiera de los teatros por los que pasará su gira 2022.