Venta entradas Galicia

color_logo_white_transparente

Busca aquello que te apasiona

Generic selectors
Mostrar coincidencias Exactas
Buscar evento
Buscar contenidos
Post Type Selectors
Listado de Eventos
Recinto
Todos los eventos que te interesan en un único portal ... síguenos también en redes sociales!!

Festival Maré 2022

Festival Maré 2022
O festival Maré de música e arte atlántica, regresa á cidade de Santiago de Compostela do 21 ao 25 de setembro. Nesta nova edición o festival contará con diversas  propostas das dúas beiras do Atlántico.


Festival Maré 2022

Festival Maré 2022

Deixámosvos información sobre algún dos artistas que pasarán por este gran festival santiagués.

Caparcaillie no Auditorio de Galicia.

A banda Capercaillie é unha pioneira en canto a música gaélica. Conta con máis dun millón de álbums vendidos por todo o mundo.  Neste evento, gozaremos da unión da banda coa Real Filharmonía de Galicia.

 

Chico César na Sala Capitol.

O artista e compositor brasileiro regresa co seu décimo traballo que reúne ritmos que che farán bailar e moverte como nunca. O coautor de Soberana Rosa, tema de Sting e co que gañou un premio Grammy, presenta o seu novo traballo titulado, Vestido de amor.

A Pedreira no teatro Principal .

A Pedreira traerá un concerto único que repasa o universo poético da artista,  contando con dúas colaboracións especiais: Sofía Viola e Estíbaliz Espinosa.  Segmento Cantábrico é o seu primeiro disco e o que presentará no festival.

 

Fogo Fogo

Esta banda nacida en Lisboa foi creada por Francisco Rebelo (baixo), João Gomes (teclados), Márcio Silva (batería), Danilo Lopes e David Pessoa (voces/guitarra).  A súa música funaná é capaz de mover todas as cadeiras, creando unha verdadeira festa tropical con cada tema que tocan.

Antía Muiño

Antía é unha cantautora galega que mestura perfectamente estilos tales como o jazz e o bossa nova co tradicional pop. Na actualidade, Antia Muiño atópase traballando nos seus novos temas e na realización do seu primeiro disco que ten previsto lanzar a finais deste ano.

Catuxa Salom

Catuxa é unha artista con raíces nativo-arxentinas e galegas que vive nunha pequena aldea de Lugo. Os seus temas contan cunha fusión de ritmos tribais latinoamericanos, con música en galego e toques electrónicos. Catuxa Salom atópase en pleno lanzamento do seu primeiro EP «Nunha Aldea»  e cunha xira de máis de trinta salas e festivais.

 

 

LIGAZÓN SEGURA DE VENDA DE ENTRADAS