Hoxe falámosche de A Candeloria
O Festival de A Candeloria despídese este 11 de abril despois de doce anos de historia. Unha noite cun cartel cheo de artistas para unha despedida ao grande.
Cabe dicir que esta despedida non quere ser un adeus triste, senón unha celebración de todo o conseguido nestes anos. A organización quere ademais agradecer aos asistentes do festival de cada edición, ás bandas, institucións e empresas que fixeron posible o festival ao longo dos anos.
En palabras dos propios organizadores, Último Berro é a edición máis especial da historia de A Candeloria, unha noite que deixará pegada na cidade de Lugo e na memoria daqueles que asistan.
O festival que posicionou a Lugo como punto crave de festivais de inverno, tráenos o seguinte cartel
A Candeloria é un festival emerxente de rock/punk cun enfoque centrado en bandas galegas. O seu primeiro festival foi no ano 2014 e grazas a uns prezos alcanzables e un cartel excelente, os seus adeptos non pararon de crecer cada ano.
Onde?
O Festival celébrase na cidade de Lugo. Dende a segunda edición do evento, realízase no interior do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

